" />

Balseiro esixe que o BNG aclare a súa postura na Deputación de Lugo

O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, valorou hoxe as declaracións efectuadas polo presidente da Deputación, Dario Campos, nas que confirma que os trece deputados do bipartito (os once do PSOE e os dous do BNG) terán responsabilidades no futuro Goberno provincial.

O dirixente popular asegura que o BNG, unha vez coñecida esta postura, esta obrigado a dar unha serie de explicacións aos lucenses, “e moi en particular é inescusable que responda tres preguntas moi concretas: os nacionalistas deben aclarar se desautorizan definitivamente ao voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, cando aseguraba que o BNG non compartiría goberno con imputados”.

En segundo lugar, pregunta se o BNG pensa aplicar un código ético para a Deputación de Lugo distinto do que se está a aplicar en Galicia, “moito máis permisivo coa presenza de imputados pola Xustiza”, e finalmente, di que no BNG “están obrigados a explicar como pode ser que no Concello de Lugo pediran a dimisión do exacalde Orozco por estar imputado e, a douscentos metros ao seu carón, no pazo de San Marcos, estean dispostos a compartir goberno con ata tres imputados do PSOE”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo