" />

Balseiro: “O proxecto defendido pola Xunta inclúe tanto o Museo da Romanización como o Parador de Turismo”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Ramón Carballo, mantivo unha reunión con representantes das principais organizacións participantes no Arde Lucus, festa de recreación histórica declarada de interese turístico nacional.

O encontro serviu para presentarlles o proxecto promovido pola Xunta para o impulso do turismo cultural en Lugo que inclúe a creación de un parador-museo no cuartel de San Fernando, previa rehabilitación, e tamén do museo da romanización, con funcionamento en rede e sede principal no actual Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Así como a rehabilitación de inmobles senlleiros no barrio da Tinería para novos usos turísticos e culturais: A Casa da Torre (nova oficina de turismo e sede da Aphel) e o Pazo de Dona Urraca (delegación do Centro Galego de Arte Contemporánea).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo