Balseiro participa na poxa de gando vacún de Raza Rubia Galega en Adai

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu ​esta mañá á tradicional poxa que a Asociación de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga) organizou no recinto feiral de Adai, no concello lucense de O Corgo, unha das principais citas profesionais deste sector.

Alí salientou o traballo que está a desenvolver Acruga para fomentar esta raza que, ademais dun singular valor agropecuario constitúe unha ferramenta fundamental da cultura agrograndeira galega. En particular, significou os grandes avances conseguidos en materia de mellora xenética e ratificou o compromiso do Goberno galego en apoio destas iniciativas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo