Barreiro declara que o PP é o único que ofrece estabilidade

Xosé Manuel Barreiro, presidente do Partido Popular de Lugo, fixo hoxe unhas manifestacións no transcurso dunha reunión con candidatos aos Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, nas que explicou cal vai ser o traballo a realizar polo Partido Popular de cara as vindeiras eleccións xerais.

Barreiro trasladou aos seus interlocutores “ ter unha presencia o máis forte posible en todos os concellos da provincia, así como ter un contacto con toda a sociedade lucense para explicar o traballo realizado polo Partido Popular dende a chegada de Mariano Rajoy a Presidencia do Goberno e cal será o labor do partido de cara ao futuro”.

O presidente do Partido Popular continuou “ estamos nun momento de incerteza, pois ou mantemos e afianzamos ese proceso de recuperación e esa confianza conseguida ou entramos nunha situación francamente difícil, e non me refiro soamente ao eido económico, senón ao proceso independentista que se está a producir. En consecuencia necesitase un goberno firme capaz de afianzar esa recuperación económica e que dea garantías absolutas  en que a soberanía nacional seguirá tal e como se recolle na Constitución” e isto, engadiu, “so o pode garantir un goberno do Partido Popular, presidido por Mariano Rajoy”.

Asemade Barreiro acusou ao Psoe, por mor do que está a suceder na Deputación de Lugo, “de estar nun proceso de descomposición política, tanto a nivel autonómico como da provincia de Lugo” responsabilizando a Besteiro desta situación, e engadiu “isto non é bo pois dificilmente unha forza política inmersa nunha situación destas características pode dar solucións á sociedade,  xa que o único que ofrece é falta de confianza e inestabilidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com