A BBC filma na praia das Catedrais un documental sobre a erosión do mar

A praia das Catedrais continúa sendo foco de atención tanto a nivel nacional como internacional. Nos últimos días desprazouse a Ribadeo un equipo da BBC, co produtor e biólogo Miles Barton á cabeza, para rodar un documental sobre o efecto da erosión dos fondos oceánicos, das mareas e as costas poñendo como exemplo o areal lucense.

Canda a praia das Catedrais, este equipo da BBC escolleu outras praias situadas en Asia, nas illas Seychelles, en Noruega ou Xapón; co fin de amosar o distinto comportamento da dinámica costeira en diferentes zonas do mundo. Está previsto que o programa non se emita até o ano que vén.

Ademais, os días 27 e 28 de setembro rodarase no areal de Ribadeo varias escenas da serie coreana ‘The Legend of the Blue Sea’, considerada un éxito neste país asiático. Trátase dunha serie de ficción protagonizada por sereas. O capítulo coas imaxes que se rodarán en Lugo poderá verse nas canles asiáticas no mes de novembro.

Para a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez, estas visitas de canles de televisións internacionais fan que Ribadeo “volva ter presenza mundial”. Ademais, Martínez salientou que este tipo de oportunidades “son importantes para dar a coñecer este pequeno, pero fermoso recuncho do mundo, que cada día brila como unha estrela como luz propia e con moita forza”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com