" />

Benestar aposta pola iniciativa social para atender os centros socioculturais do Concello

O Centro Especial de Emprego de Cogami, Combina Social, S.L., encargarase de prestar o servizo de atención ao público e recepción de visitantes nos centros de convivencia municipais logo de que a Xunta de Goberno desta mañá aprobase a súa adxudicación.

A Concelleira de Benestar, Olga López Racamonde, sinalou que esta área municipal apostou por reservar, nos pregos, o segundo dos lotes nos que se dividiu o expediente para unha empresa de iniciativa social ou de inserción co obxecto non só de fomentar que estas entidades concorran aos procesos públicos senón de pular polo acceso ao emprego das persoas con algún tipo de discapacidade.

No caso do Lote 1, para a dinamización e desenvolvemento de actividades sociocomunitarias, saídas e visitas ao exterior, así como a subministración do material necesario, o Concello vén de adxudicarllo a Osventos Innovación e Servizos por aportar a oferta máis vantaxosa sobre as catro que se presentaron.

A licitación terá un importe total de 278.579’25 euros (159.735’19€ para o Lote 1 e 118.844’06€ para o Lote 2) e será prorrogable, por períodos máximos anuais, por outros catro exercicios sen que a duración total poida exceder de cinco anos.

Por outra banda, e dentro tamén dos asuntos abordados na Xunta de Goberno desta mañá, se atopaba a aprobación da prórroga dos contratos para a subministración de gas natural e de combustible para a calefacción das dependencias municipais, por importe de 425.864’79 euros (IVE incluído) e 40.000€ (IVE incluído), respectivamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo