BNG-AA e Lugonovo din “non” á Declaración Institucional en apoio á Garda Civil

Xornada de Xunta de Voceiros extraordinaria no Concello de Lugo este mediodía a petición do Grupo Municipal do Partido Popular para asinar unha Declaración Institucional en apoio e respaldo ás forzas e corpos de seguridade como garantes do Estado de Dereito. Así o anunciaba a pasada semana o voceiro popular, Antonio Ameijide, cando solicitaba ante o goberno local que esta xuntanza se realizara o pasado venres. Por motivos de axenda política, tivo que ter lugar hoxe á unha do mediodía.

Ameijide falaba ao remate desta xuntanza tras a que criticou a “escasa valentía” dos socialistas e o que tildou de “intransixencia” de Lugonovo e BNG-AA, quen rexeitaron apoiar esta declaración institucionalO voceiro popular lamentou “a ambigüidade” dos socialistas lucenses e explicou que “ao non acadar o consenso de todos os grupos políticos para ser aprobada o meu grupo vese obrigado a elevar esta petición como proposición ao vindeiro pleno municipal”.

O voceiro popular recrimina “a falta de valentía” dos socialistas lucenses á hora de adherirse de xeito inmediato a este documento, que se rexistou o pasado 6 de outubro, xa que “é un texto idéntico ao acordo que se votou no Parlamento de Galicia, a semana pasada, condenando as accións contra as forzas de seguridade en Cataluña”.

Con respecto a Lugonovo e BNG, Ameijide criticou a cerrazón de ambos grupos políticos “é esperpéntico” que den a espalda á adhesión a unha declaración institucional que o único que avala “é o labor destes corpos de seguridade en aras á defensa e á protección dos dereitos e libertades amparados pola Constitución”.

Tamén Lugonovo amosou a súa opinión da Xunta de Voceiros, e resultou contraria a esta convocatoria ao considerar que “nin era urxente, nin extraordinaria”. “Non entendemos as présas coas que se trasladou á Corporación este asunto e incluso resúltannos un tanto contraditorios os tempos impostos polo PP, tendo en conta que os seus concelleiros non avalaron a urxencia da nosa proposición para rexeitar os actos de represión acontecidos ao abeiro deste conflito político”, explica Cristina Pérez Herráiz en alusión á moción que, de forma conxunta co BNG, Lugonovo tentou impulsar no pasado Pleno de setembro.

“A formación á que represento entende que a misión dos corpos e forzas de seguridade do Estado é a de protexer á cidadanía e salvagadar o cumprimento dos seus dereitos: de tódolos seus dereitos e de absolutamente toda a cidadanía. Por iso, neste marco, sorpréndenos a celeridade que o PP ten por poñerse agora “de parte” e non o valorase do mesmo xeito hai dúas semanas”, lamenta a voceira quen ademais tilda a iniciativa de “lavado de conciencia”. “Seguramente os axentes houberan preferido que o seu traballo se xestionase mellor dende o inicio e que ese apoio se reflectise, non con Declaracións Institucionais a posteriori, senón con medios e ordes apropiadas, consecuentes e proporcionadas”,
conclúe Pérez Herráiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com