O BNG envíalle unha carta a Balseiro preguntando sobre a rotonda de Fontiñas con San Eufrasio

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo vén de remitirlle ao Delegado da Xunta en Lugo unha carta para solicitar información sobre os trámites e negociacións que se están levando a cabo entre o goberno da Xunta e o Concello de Lugo para acometer as obras “necesarias” para instalar unha rotonda na confluencia da ronda de Fontiñas coa rúa San Eufrasio.

“Gustarianos coñecer a realidade destas xestións entre Xunta e Concello e agradeceriamos que o señor Balseiro, como Delegado da Xunta en Lugo que é, se implique para darlle unha solución efectiva a esta necesidade da nosa cidade” dixo Arroxo.

Rubén Arroxo lembrou que, na comisión de infraestruturas do concello de Lugo, “o goberno municipal recoñeceu que, a medio prazo, non se vai facer a rotonda entre San Eufrasio e Fontiñas”. En resposta ao BNG, o goberno municipal admitiu a falta de acordos entre Concello e Xunta para facer rotonda entre S. Eufrasio e Fontiñas e o concelleiro responsable, Manuel Núñez, sinalou que a obra demandada non se vai executar de momento e “por eso  queremos coñecer a versión da Xunta de Galiza sobre este asunto” dixo Arroxo que lembrou “xa nos atopamos con sorpresas cando o goberno municipal dicía que a Confederación Hidrográfica poñía problemas para a zona pública de baño e despois nos enteramos que non se fixeran as solicitudes necesarias dende o concello”.

Rubén Arroxo criticou que “ademais o goberno utiliza a súa incapacidade negociadora coa Xunta para xustificar que non vai facer nada en Fontiñas para mellorar o tráfico” e avanzou que o BNG pedirá explicación “tanto ao goberno municipal socialista como ao goberno popular da Xunta” sobre a falta de acordo para facer a rotonda entre San Eufrasio e Fontiñas.

Ademais, Arroxo anunciou o comenzo dunha campaña para informar ás veciñas e veciños da zona sobre esta decisión do goberno municipal. Arroxo sinalou que “este é o traballo que os grupos políticos que facer e mentres outros andan enredados en asuntos burocráticos, o BNG traballará para que se resolvan os problemas desta cidade que afectan verdadeiramente a veciñas e veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com