O BNG propón que se elabore un informe sobre a situación do arquivo municipal

No transcurso da Comisión de Suxestións e Reclamacións celebrada hoxe no concello de Lugo, a edil do BNG, Maite Ferreiro, propuxo que o departamento de persoal elabore un informe sobre a situación de persoal que se da nas dependencias do Arquivo Municipal. Maite Ferreiro sinalou as numerosas queixas recibidas sobre este asunto e a evidente falta de persoal para atender as numerosas solicitudes que se realizan a este servizo municipal. “Son numerosísimas as queixas que se reciben sobre a falta de resolución das solicitudes dirixidas ao arquivo e os problemas de persoal son evidentes” dixo Maite Ferreiro. 

Moitas persoas precisan documentación do arquivo municipal para trámites relativos a inmobles, herdanzas ou planimetría da cidade. Maite Ferreiro afirmou que “é hora de que o goberno municipal busque un solución a este tema que xa se prolonga no tempo e para iso hai que saber que é o que realmente esta sucendendo e cales son as posibles solucións”. O concello deberá adaptar o persoal que atende este servizo á demanda real das veciñas e veciños. Neste momento hai persoas que levan máis dun ano agardando para poder ver algún expediente dos que están no arquivo municipal e agardando para poder tramitar diversos asuntos persoais

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com