" />

BNG: “Soporta a Ponte da Chanca o tránsito ferroviario para darlle vida á Intermodal?”

O voceiro do BNG no concello de Lugo lanzou esta mesma mañá a pregunta que non lle puido facer ao Ministro de Fomento nin a responsables do ADIF no acto do pasado luns. “Acudimos ao acto para coñecer un proxecto, e o único que se nos presentou foi un anteproxecto e xa se advertiu que os detalles arquitectónicos non eran definitivos, que era unha simulación”, dixo Arroxo.

“Gustaríanos terlle preguntado ao Ministro de Fomento, ou aos responsables do ADIF, se a Ponte da Chanca pode soportar a carga da colocación de catenarias para a electrificación das vías e se pode soportar a circulación de trens da alta velocidade”, explicou Arroxo. Para o voceiro do BNG “non se trata de facer edificios trátase de ter un bon servizo ferroviario e ao mellor hai que analizar se as infraestruturas poden soportalos”.

Arroxo sinalou que “non ter en conta a Ponte da Chanca é mirar para outro lado e gustaríanos que, dende o Ministerio, se informara de cales son as solucións posibles”. Se non se da unha alternativa, a Ponte de Chanca obrigaría a ter unha única vía compartida para todos os trens, pasaxeiros, convencional e alta velocidade, e tamén as mercadoría. Ademais sería imposible desdobrar as vías e non se podería achegar un ferrocarril de altas prestacións a Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo