Bonito, pementos, e castañas nas Exaltacións Gastronómicas de agosto

Hoxe presentouse nos xardíns do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, as xornadas Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo do mes de agosto. As degustacións gastronómicas terán lugar, dende este venres ao 25 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes introducirán nos seus menús o bonito de Burela, os pementos de Mougán e a castaña de Galicia, cociñados baixo diferentes estilos.

Dende o mes de abril e ata o vindeiro mes de novembro, a Deputación de Lugo xunto coa APEHL, impulsan este proxecto co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico na provincia..

 Calendario de Exaltacións Gastronómicas

Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo