Bota a andar a campaña contra as pelexas de menores: ‘Chamar ao 092, o teu mellor golpe!’

O Concello de Lugo inicia hoxe a campaña Chamar ao 092, o teu mellor golpe!, unha iniciativa a través da cal a entidade local quere concienciar aos mozos e mozas contra as pelexas xuvenís, antes o último feito acontecido na cidade entre rapaces e rapazas.

Tal e como explicou a rexedora, trátase de darlle a maior difusión posible ao teléfono 092 da Policía Local, como recurso para comunicar o coñecemento de que se poidan producir este tipo de feitos e denuncialos ante as forzas de seguridade, de xeito anónimo, co fin de paliar e atallar esta problemática.

O Goberno municipal, sensibilizado e non alleo a estes feitos que teñen graves repercusións tanto nos individuos participantes como na sociedade, pon en marcha esta campaña, que se realizará, principalmente, tanto nos institutos e centros integrados da cidade, como en redes sociais, así como nas disintas instalacións municipais. “Queremos concienciar aos nosos mozos de que este tipo de prácticas, nin son boas, nin recomendables, nin podemos permitilas como sociedade”, asegurou a alcaldesa, quen afirmou que é unha tarefa de todos a súa concienciación.

Asi mesmo, a Policía Local reforzará a vixiancia no casco histórico e no entorno do adarve da Muralla, para intentar paliar estes feitos illados e que non se sigan producindo no futuro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com