Branco e negro para o Emevé

O Club Voleibol Emevé vive un momento contraditorio en sentimentos. As mozas, que actualmente están na máxima categoría do voleibol nacional, non viven o seu mellor momento, debido a que se atopan na última posición da táboa, e teñen complicado manter a categoría, aínda que non imposible. Doutra banda os mozos, que se atopan na Superliga 2 Masculina, están en primeira posición e aínda seguen coa condición de invictos nesta Liga, polo que son os primeiros candidatos en subir á máxima categoría se todo vai como ata o momento.

As mozas de Jose Valle, volven esta fin de semana para xogar diante do seu público. O Pavillón Municipal será o escenario un sábado máis, do encontro que enfronta ás lucenses contra o Dimurol Libby’s La Laguna, ás 17:00 horas. As Tinerfeñas, atópanse sextas na clasificación, polo que parten como favoritas para levar os 3 puntos para a illa. As xogadoras lucenses, saben que teñen que seguir demostrando a importancia do seu bo xogo, e poder rabuñar algún punto na clasificación, xogando xa sen presión.

O septeto inicial co que pode saír Jose Valle estaría composto por María Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Eugenia Nosach, Natalia Aispurúa, Irene Yáñez e Eliana Gónzalez ( Líbero). Como reservas: Carmen Saá, Alba Pizarro, Julia Paradela, Paula Lorenzo, María Aguiar, Tea Andri’ c e Aitana Fernández.

Os imparables da Superliga Masculina 2 xogan esta fin de semana fóra de casa, viaxando a Palencia para enfrontarse á Selección Española Junior (CyL Palencia 2020). O encontro dispútase ás 17:30 horas no Campo de la Juventud. Sextos na clasificación, os mozos xogadores da Selección Española tentarán gañar o partido contra os lucenses, que parten como favoritos pola súa situación na táboa clasificatoria. Os de Diego Taboada, viaxan con todo e con ganas de seguir invictos nesta competición.

Antonio Mondejar, Chema Giménez, Victor Bouza, Pedro Sánchez, Anass Anzaui, Manuel Branco e Marío Dovale (Líbero) será o septeto titular. Jordi Ferreiro, Pablo Villar, Rubén García, Adrián García e Guillermo Avendaño actuarán como reservas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com