A setima edición do Torneo Lugo é Basket, que enfrontará a CB Breogán e Destino Palencia terá lugar o vindeiro sábado 10 de outubro ás 19.00 horas no Pazo dos Deportes.
Dadas as restricións que pesan sobre o Concello de Lugo, prolongadas este mesmo mércores pola Xunta de Galicia, o encontro organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón coa colaboración de Deportes, xogarase sen público.
Será o último encontro da pretempada para o equipo celeste, que disputará o primeiro partido oficial o 18 de outubro.