A brigada municipal de obras repara o firme do camiño de acceso ao barrio de Xuíz

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este mércores dos traballos de mellora que está a realizar estes días a brigada municipal de obras para reparar o firme do camiño de acceso ao barrio de Xuíz, no que residen ao redor de 60 veciños e veciñas.

Tal e como deu a coñecer o edil, a pendente que ten esta vía xunto á rotura na rede de auga fixeron que se deteriorara o firme, polo que foi preciso realizar unha reposición cunha capa de material bituminoso e outra de area pola superficie. Debido á complexidade destes traballos, foi necesario cortar o tránsito de vehículos por esta vía.

O Concelleiro tamén anunciou que operarios desta mesma brigada comezaron a reparación dun treito de beirarrúa que se afundira na Ronda da Muralla. Para poder continuar cos traballos de reposición deste treito, será necesaria á reparación dunha canalización, que foi a que provocou o afundimento.

A reposición do firme deste camiño e o arranxo da beirarrúa súmanse a outras actuacións que está a levar a cabo estes días o Concello, como o acondicionamento do Camiño das Regas da Fervedoira, uns traballos que contan cun orzamento de máis de 4.000 euros, ou a substitución do arborado de Ramiro Rueda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com