Burela recibe a máis de 3.500 turistas durante o mes de agosto

Máis de 3.500 persoas solicitaron información nas oficinas de turismo de Burela en agosto. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey cualifica estes datos de “históricos” e salienta que 1.700 persoas pasaron polo barco museo Reina del Carmen durante o pasado mes.

O responsable da Delegación Municipal de Turismo salientou que “estamos moi satisfeitos co balance turístico no Concello no mes de agosto. Eu penso que estes datos que tivemos neste verán son históricos para o turismo de Burela. Si que é verdade que estamos aínda moi lonxe doutras zonas turísticas da comarca, pero estamos vendo que o incremento de turistas en Burela é moi importante”.

Fernández Rey contou que durante o mes de agosto recibiron máis de 3.500 visitas na oficina de turismo, concretamente, neste punto de información turística rexistráronse 3.537 e no punto de atención do Concello máis de 150 consultas. Por este orde, e segundo os datos facilitados polo goberno municipal, as comunidades que máis se achegaron a Burela foron Madrid con 1.256 persoas, seguido de Galicia con 354, País Vasco con 302, Castela-León con 299, Cataluña con 233 e Asturias con 247.

O concelleiro engadiu que “os datos do Barco Museo Reina del Carmen tamén son espectaculares, temos un crecemento con respecto ao ano pasado moi importante, e recibimos a 1.737 persoas en agosto. E no que vai no total do ano preto de 4.000 persoas pasaron por este Barco Museo”.  Fernández Rey declarou que “imos seguir traballando na mesma liña, intentando meter a Burela nesa cabeza de turismo na Mariña”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com