" />

Buscan sen éxito á segunda vítima do incendio de Bóveda

Durante o día de hoxe continuou a procura da segunda vítima do incendio rexistrado onte nunha casa de Bóveda, sita no lugar da Raíña. Ao longo da xornada unha unidade de cans adestrados traballou sobre os restos da vivenda derruída. Segundo informou o 112, ante a falta de indicios,  os efectivos mobilizados decidiron remover os restos da casa cunha retroexcavadora para revisar polo miúdo os cascallos.

Con todo, os animais tampouco detectaron ningunha información sobre o paradoiro da segunda vítima.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo