A cabalgata dos Reis Magos partirá o xoves ás 17:00 horas do Parque da Milagrosa

Lugo agarda con ilusión a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar e a súa tradicional Cabalgata de Reis, que partirá mañá xoves, 5 de decembro, ás 17:00 horas do Parque da Milagrosa. As Maxestades de Oriente, subidas en 3 carrozas, e acompañados por dous carruseis infantís, percorrerán a rúa Monte Faro, a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla –entrada pola porta de San Fernando-, Praza de Ferrol, rúa Bolaño Rivadeneria, rúa Quiroga Ballesteros e Praza de  Santo Domingo. Aquí, neste punto, os Reis Magos encontranse cun mercado de época, onde ademais manterán un encontro con Herodes, a quen lle pedirán permiso para pasar e descender das súas carrozas para ir saudando a pé de rúa a todos os asistentes ata a súa chegada ao Concello, estando prevista dita chegada en torno ás 6 da tarde, onde terá lugar a recepción aos máis cativos e cativas, aos que a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou a gozar con esta comitiva que chegarán mañá á tarde á cidade.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen supervisou hoxe os últimos preparativos das carrozas, presidirá a benvida da Corporación a Melchor, Gaspar e Baltasar diante a Casa Consitorial. Posteriormente, os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que queiran transladarlles as súas peticións.

Neste encontro repartiranse uns 2.000 quilos de caramelos, todos eles sen gluten, e participarán unhas 300 persoas, entre as que se atopan os figurantes e artistas, os membros da organización, os axentes da Policía Local e Protección Civil de Lugo e os efectivos dos Bombeiros de Lugo, que velarán pola seguridade dos e das lucenses e visitantes.

Os Reis Magos agasallarán aos máis cativos con máis de 2.500 paquetes de lambetadas, dos que haberá unha partida especial para diabéticos. A xornada estará amenizada por grupos teatrais e musicais da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo