Caballero chamou á mobilización dos socialistas galegos que nas convocatorias electorais de 2019 romperon coas sondaxes

O candidato socialista reivindicou unha “política industrial clara, nidia, a carón do goberno de España para defender con firmeza os intereses de Galicia” e anunciou que”na primeira semana á fronte da Xunta “pedireille ao presidente do goberno unha xuntanza para tratar a política industrial galega e buscar unha solución co compromiso de manter o emprego da planta de Alcoa”.

Asemade, chamou a “convocar un gran acordo de país” para revitalizar a economía en tempos de crise e “tamén para unha nova política económica e industrial”, logo de “11 anos de goberno de Feijóo, que dos 20 buques que prometera con Pemex só quedaron dous e un alto directivo preso por corrupción”

Gonzalo Caballero chamou á mobilización dos socialistas galegos que “nas convocatorias electorais de 2019 romperon coas sondaxes e puxeron ao PSdeG á fronte dunha maioría progresista que superou á dereita en todas as convocatorias electorais”. De aí, explicou, a estratexia conservadora de “impoñer relatos que nos queren facer pequenos” para “inmobilizar ao electorado moderado progresista e socialista”.

O líder dos socialistas galegos dixo que “a historia amosa que en Galicia só hai cambio cando o lidera o PSdeG”, e por iso “o PP a quen ataca é ao PSdeG e ao líder do PSdeG, porque saben que somos alternativa real”, e “a quen lle teñen medo é ao PSdeG”. Dixo que “a dereita prefire xogar á confusión e tratar entre algodóns a outras forzas progresistas”.

A Cabeza de lista das eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Patricia Otero, afirmou que “o 12X temos que gañar as enquisas, porque o PSOE é o partido da confianza, da xustiza, é un verdadeiro exemplo de Goberno. Estamos preparados para traballar a reo nesta nova andaina”. Explicou que dende o primeiro momento, os Alcaldes e Alcaldesas socialistas da provincia, “estiveron a pé de pais, promovendo iniciativas para non deixar a ninguén atrás nos nosos concellos, eles son o verdadeiro exemplo desta pandemia ante o abandono do Goberno de Feijóo”.

Temos que loitar polo noso sector primario, reactivar a economía, crear o emprego, e agora temos unha oportunidade única da man do Goberno de Pedro Sánchez. Non podemos deixar pasar este momento político, o 12X temos que apoiar a un goberno útil e progresista”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com