" />

Caballero comprometese a cumprir con Lugo se chega a Presidente

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Lugo acompañado da alcaldesa, Lara Méndez, e comprometeu que “o goberno progresista que saia das urnas o vindeiro 12 de xullo cumprirá con esta cidade, abordando os proxectos que Feijóo ten no caixón”.
Caballero recordou que “no pasado mes de marzo fixera pública unha folla de ruta compartida coa alcaldesa para traballar a prol de Lugo, cumprindo aquilo que Feijóo non fixo en 11 anos de goberno”. “Quero manter eses compromisos, revitalizalos e
fortalecelos”, remarcou, aludindo así a “asignaturas pendentes” como o Plan Paradai, a Ronda Leste, o Museo da Romanización e a conexión co AVE.
“Son compromisos políticos que asumo a titulo persoal como líder dos socialistas galegos, e son compromisos cos que imos cumprir dende o Consello de Goberno da Xunta de Galicia”, engadiu Gonzalo Caballero.

Pola súa banda, Lara Méndez sinalou que os proxectos de Lugo que “seguen pendentes da Xunta non nos permiten xerar novas necesidades na cidade para seguir crecendo”. “E necesitamos avanzar”, engadiu a alcaldesa, “para poñer en valor o compromiso de Gonzalo Caballero de apostar por la cidade da Muralla”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Xuñ 08, 2020 - 10:19 PM

    Que hizo el P.S.O.E. en Lugo muy poco ,la Playa fluvial, la fábrica de la luz .,el marañón, no punto las calles ctra.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo