Cafés Candelas Breogán visita ao Leyma Basket Coruña

O Cafés Candelas Breogán visita ao Leyma Basket Coruña o domingo 25 ás 12:30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor. Os de Lisardo teñen unha semana longa para preparar un partido no que procurarán unha vitoria que os manteña no liderado da LEB Ouro.
O club disporá de autocares para aqueles afeccionados que queiran desprazarse, sempre que se cubran un mínimo de prazas.

A viaxe terá un custo de 5€ por persoa e será preciso apuntarse e aboalo nas oficinas do Pazo do Deportes antes do venres ás 20:00 horas.A saída do bus de afeccionados será ás 10:30 horas do domingo dende o Pazo dos Deportes e o regreso será á finalización do encontro. Haberá a dispoisición dos seareiros celestes un número de entradas á venda nas oficinas do Breogán (anunciaranse no momento que se reciban). Os prezos será de 15€ para maiores de 18 anos e de 6 euros para os menores a partir de 3 anos de idade.

Como nas últimas tempadas agárdase un desprazamento multitudinario de afeccionados para presenciar o derbi de Riazor, sempre coa Marea Celeste como animadora dun partido atractivo e con dous lucenses á fronte dos banquillos: Lisardo Gómez e Tito Díaz.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com