Campos Conde participa na Poxa de Raza Rubia Galega de ACRUGA

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades, participou na LXXXIX Poxa Nacional de Raza Rubia Galega e no XXXI Concurso Nacional que tivo lugar este sábado no recinto gandeiro de Adai, no municipio do Corgo, coa colaboración do Executivo Provincial.

O Goberno da Deputación mantén un importante convenio de colaboración con ACRUGA achegando na pasada anualidade 172.000 euros para a recría de xovencas na Granxa Gayoso Castro, na que actualmente hai unhas 150 cabezas.

Campos Conde subliñou que “con este tipo de iniciativas, xa asentadas no calendario lucense, incentivamos a economía local, especialmente no rural, a través da promoción de exemplares de calidade como o son as máis de 120 reses que hoxe temos aquí”.

Na poxa houbo 20 exemplares de ganderías de Lugo, de ACRUGA e do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, onde 7 eran machos, de entre 14 e 16 meses, 3 de ACRUGA e 4 de gandeiros e 13 xovencas preñadas, 10 do centro de recría e 3 de gandeiros lucenses, cunha idade de entre 21 e 27 meses.

A poxa comezou as 12:00 da mañá aínda que os gandeiros interesados puideron retirar as tarxetas unha hora antes. Ademais os gandeiros que adquiriron algún dos exemplares na poxa, tiveron axudas de Caixa Rural para a compra, de 200 euros para as femias e de 300 euros para os machos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo