Campos levará ao vindeiro pleno os Orzamentos da Deputación para 2018

O Presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, avanzou este martes que ten lista a súa proposta de Orzamento da Deputación para 2018 e que a presentará ao Pleno de decembro cuxa data de celebración correspondente, que é o martes 26 deste mes, decidiu adiantar para a semana anterior. Campos Conde adiantou que o presuposto propio da Deputación para o vindeiro ano, é dicir, sen ter en conta o dos organismos dependentes (SUPLUSA, Consorcio de Bombeiros e TIC), ascende a case 79,5 millóns de euros, baixando en máis de 1 millón con respecto ao ano pasado, debido ao recorte nas aportacións do Estado.

As liñas de actuacións do mesmo que estableceu o Presidente son o fomento do emprego, dos servizos sociais e das infraestruturas nos 67 Concellos “dentro da miña aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural. É un orzamento que responde por igual as necesidades dos máis de 300.000 veciños da nosa provincia”, subliñou.

“Destes case 79,5 millóns de euros, uns 11 millóns serán para o Plan Único que, tal e como fixen no 2017, incrementarei con remanentes, intentando superar os 20 millóns de euros”, salientou. Cómpre lembrar que este ano dito plan financiouse con 10 millóns de fondos propios da Deputación e 10 millóns de remanentes.

“No 2018, seremos de novo a institución galega que máis inviste en emprego, servizos sociais e obra pública nos 67 Concellos, facendo que a Deputación siga sendo, con maiúsculas, o motor social desta provincia” destacou. Neste  senso, o Presidente avanzou que a día de hoxe o presuposto consolidado da Deputación no 2017 (neste caso, tendo en conta tamén o de SUPLUSA, Consorcio de Bombeiros e o da TIC) ascende a case 130 millóns de euros tras a incorporación dos ordinarios remanentes que se foron xerando ao longo da presente anualidade. “Desta importante cantidade de fondos públicos, levamos aprobado investimentos para os máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos que superan os 113 millóns e que representan o 86% do orzamento de 2017”, subliñou.

A estes 113 millóns de euros, súmanse agora outros 15 millóns, que proveñen dun operación de crédito da Deputación co Banco Sabadell que hoxe mesmo asinou Campos Conde e os Directores de Banca Empresas Noroeste e de Administracións Públicas de dita entidade, Francisco Rivas e Ignacio Rodríguez, respectivamente. “Con estes 15 millóns, conseguimos investimentos para os veciños dos 67 Concellos da provincia de 128 millóns, que forman parte dos seus fondos públicos na Deputación para 2017”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com