" />

Candia asegura que A Mariña non pode permitir perder Alcoa

A presidenta do ppdelugo, Elena Candia, defende que “A Mariña non pode permitir perder os postos de traballo da fábrica de Alcoa en San Cibrao”.

O tempo para salvar Alcoa e o emprego na Mariña esgótase”, subliñou a máxima dirixente popular na nosa provincia expoñendo que, con todo, “o Goberno de Pedro Sánchez aínda está a tempo” de reverter a situación da planta se cumpre o que leva prometendo ano e medio para dar unha solución para Alcoa. “O Goberno central ten nas súas mans establecer un prezo eléctrico competitivo para que a fábrica manteña a súa actividade e, polo tanto, o emprego”.

Son moitas as familias da comarca da Mariña afectadas pola ameaza de peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao”, recordan. “Nós estamos ao seu carón para defender os miles de postos de traballo que se ven ameazados nestes momentos” porque “defender o futuro de Alcoa é defender o futuro da Mariña”, conclúe a popular.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xuñ 15, 2020 - 02:22 PM

    Pois haber que facedes! De tanta demagoxia estamos cheos. Ou non sabedes negociar con empresas de certo calado.

    Reply
  2. Pilar Bermúdez González
    Pilar Bermúdez González
    Xuñ 15, 2020 - 12:09 PM

    Non estaría demais recordarlle á sra. Candia que as competencias de industria están transferidas ás comunidades autónomas e que algunha responsabilidade terán o presidente da Xunta e o seu conselleiro de industria.

    Reply
  3. Mari Dominguez
    Mari Dominguez
    Xuñ 14, 2020 - 11:42 PM

    Primeiro fan o mal e despois négano.
    E van de nos 🤣

    Reply
  4. Manuel Quiroga Lopez
    Manuel Quiroga Lopez
    Xuñ 14, 2020 - 09:03 PM

    Que lle pregunte a seu amigo Aznar por que a privatizou,si non a privatizaran non habría este problema

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo