Candia visitou a explotación de porco celta da comunidade de montes veciñais de Carballo en Friol

A cabeza de lista da candidatura popular pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas do vindeiro domingo 12 de xullo, Elena Candia, comprometeuse a “ter presentes a estas comunidades e traballar da súa man como parte activa do programa de acción en materia de medio rural do Goberno de Feijóo, se logra revalidar o apoio maioritario dos galegos nas urnas o vindeiro 12 de xullo”.

A candidata recoñeceu o gran labor das comunidades de montes veciñais en man común que “constitúen unha parte moi importante do territorio da provincia de Lugo” durante a súa visita aos terreos da comunidade de Carballo, en Friol, “un referente na posta en marcha de iniciativas innovadoras relacionadas co aproveitamento dos terreos forestais”.

Tras escoitar as propostas trasladadas polos representantes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carballo, Candia amosou tamén o seu apoio ao desenvolvemento de distintas iniciativas innovadoras relacionadas co

aproveitamento de recursos do noso medio natural coma a posta en marcha polos veciños de Carballo que realizan aproveitamentos silvopastorais con exemplares de porco celta da súa explotación que forma parte de asociación de criadores de porco celta, Asoporcel, e animais doutras razas autóctonas.

A popular avanzou que, se “Feijóo logra o apoio maioritario nas urnas, o Goberno galego continuará a desenvolver o Plan Estratéxico de Galicia para a PAC 2021- 2027 co apoio das universidades galegas e das organizacións representativas dos axentes do sector primario”.

“Este plan pretende seguir apoiando as medidas desenvolvidas nos períodos anteriores e promover outras novas que dean resposta ás necesidades específicas do agro galego”.

Así, apostará por un novomodelo de pagos directos e incluirá estratexias sectoriais que, no caso do sector cárnico, inclúe o incremento dos censos de razas autóctonas e a súa valorización como produción diferenciada ou a configuración dun manual de boas prácticas naalimentación do porco celta, entre outras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com