" />

Candidato de consenso para Lugo?

A guerra psicolóxica que manteñen Psoe, Lugonovo e Bng para buscar un candidato de consenso que presida a corporación local os próximos catro anos semella estar a piques de rematar. Todo parece indicar que comeza a agromar o nome dun  candidato de consenso. Ese candidato contaría  ademais, de seguro, co apoio do PP. O seu nome , se a cousa sigue así, será Jaime Castiñeira.

Segundo un voceiro socialista, o Psoe manterá como alcaldable a López Orozco, pese a quen pese. Isto podería ter varías lecturas: unha volta de torca para xerar máis tensión ou  estratexia política a medio ou longo prazo.

Explicareime. O Psoe podería pasar á oposición, agardar a que desimputen a Orozco e presentar unha moción de censura a Castiñeira. Esta posibilidade, sempre que Lugonovo e Bng  quixeran facela,  tería un grande risco para eles pois, de levarse a cabo, Orozco quedaría coas mans libres para gobernar ao seu antollo, xa que a lei só permite facer unha moción de censura por lexislatura.

Outra opción sería, que o Psoe levara o pulso ata as últimas consecuencias  mantendo a candidatura de Orozco e se finalmente non acada  a alcaldía  pasar á oposición. A partir de aí, comezaría a preparar as eleccións de 2019 cun novo candidato que sería tamén xefe da oposición. Deste xeito deixaría con pouca capacidade de manobra a todos os grupos a súa esquerda presentes na corporación e cun alcalde do PP en minoría.

Como se pode ver, todo un mundo de posibilidades, como di o anuncio. De todos os xeitos, aínda queda  moito , moito tempo para o día 13.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo