Cántigas e Frores organiza a gala ‘De Lugo, Lugo’ polo seu 75 aniversario

A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebrará no Auditorio Gustavo Freire a Gala ‘De Lugo, Lugo’ gala coa que se pechan os actos de celebración do 75 aniversario da asociación. A gala comezará ás 21.00 horas e estará presentada polo xornalista lugués Paco Nieto. Nela farase un
percorrido por aspectos salientables da historia do Lugo da época e de Cántigas e Frores  intercalando actuacións dos grupos oficiais da Asociación.

A entrada é de balde, e pódese reservar no 649421507 ou no correo cantigasefrores1948@gmail.com. As entradas restantes estarán dispoñibles na taquilla do Auditorio. Como peche á xornada de celebración haberá unha cea no Restaurante Manuel Manuel, cun custe de 45€ (previa reserva).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com