Cáritas abre unha nova sede en Becerreá

Este xoves Cáritas abriu unha nova sede na montaña lucense, no número 16 da rúa Carlos III de Becerreá. A apertura deste espazo, Cáritas Interparroquial de Becerreá-Ancares, permitirá reforzar a atención que presta a organización ás persoas e familias da comarca, que disporán de servizos máis próximos.

No acto de inauguración da oficina participaron o director territorial da Consellería en Lugo, Óscar Viñas, xunto coa directora de Cáritas na provincia, Amparo González; e o bispo lucense, Alfonso Carrasco, así como o alcalde do municipio, Manuel Martínez e o párroco de Becerreá.

A Consellería de Política Social e Igualdade colaborou no financiamento das obras da nova sede, a través da orde de axudas a entidades sociais con cargo ao IRPF.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com