" />

Carmen Conde e Codex únense nun pase especial da serie ‘Premios Darwin’ completa

Que os Codex Cinema apostan polo talento galego e, moi especialmente, polos creadores lucenses, é indiscutible; sobre todo despois de manter durante preto de 20 semanas O que arde en cartel para que veciños e visitantes puideran ver, de primeira man, o filme de Oliver Laxe que xa se consagrou como a cinta en galego máis exitosa da historia, despois de recibir dous Premios Goya.

Pero, se esta aposta dos Codex polo cinema lucense xa era forte. Esta andaina pola oferta de traballos de calidade aos espectadores reforzarase este sábado, 1 de febreiro, cunha velada especial da man de Carmen Conde, que presentará a partir das 22.15 horas a súa serie Premios Darwin.

A guionista acompañará aos espectadores a adentrarse nesta miniserie de tres capítulos que amosarán, mediante diferentes variedades estilísticas, as historias de falecementos máis absurdas atopadas en Galicia facendo así unha especie de homenaxe aos premios estadounidenses do mesmo nome, que se entregan, precisamente ás mellores mortes do ano, ás máis esperpénticas.

Morte e tradición, sen abandonar as risas, é o que promete esta miniserie de tres capítulos gravada íntegramente en Carballo e protagonizadas por algúns dos actores e actrices máis queridos do audiovisual galego como María Vázquez, Ana Santos, Avelino González ou Victor Mosqueira entre outros moitos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo