CC.OO denuncia que o Concello de Lugo sigue sen RPT

O sindicato CCOO denuncia as graves consecuencias que para a cidadanía de Lugo está ocasionando que o Goberno Municipal de Lugo, non aprobe a Relación de Postos de Traballo de maneira urxente, xa que isto “supón o incumprimento dunha obriga xurídica non só contraria á máis elemental esixencia de boa fe, senón tamén un innegable prexuízo a dereitos e intereses lexítimos”.

CC.OO subliña que “ falta de persoal en moitos departamentos fai que o traballo non se desenvolva coa eficacia e a eficiencia que se agarda dunha administración que está para prestarservizos públicos e de calidade”.

Coa nova RPT e o Plan de Emprego, a Brigada de Augas municipal amplíase en seis traballadores máis, quedando así con quince operarios e un encargado, suplindo deste xeito a carencia de persoal, para que Brigada de Augas siga sendo 100% municipal

Dende CCOO non entendemos “esta teima da oposición de estar en contra da aprobación da RPT por un lado, e denunciar continuadamente a falta de persoal e o bloqueo do Concello nos medios de comunicación, xa que a RPT é o instrumento para a xestión do persoal dentro do marco legal establecido”.

O sindicato remata dicindo que “por iso, que dende CCOO esiximos ao Goberno de Lara Méndez que aprobe a nova RPT, asinada pola maioría sindical na Mesa Xeral de Negociación (CCOO, CSIF,UGT e USTG).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com