" />

CC.OO. denuncia o impago das nóminas das limpiadoras de Parques de Bombeiros do Consorcio Provincial

Comisións Obreiras vén de denunciar o impago das nóminas das traballadoras de limpeza dos Parques de Bombeiros de Chantada, Monforte e Sarria, por parte da empresa adxudicataria Edifica Vias e Infraestructuras, SL. Os tres parques de bombeiros pertencen ao Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento posto en marcha polos concellos e a Deputación provincial.

A empresa de limpeza recibiu a concesión do servizo no último trimestre do pasado ano e, segundo denuncia Comisións Obreiras, dende o mes de Xaneiro non aboa os salarios ás traballadoras que non conseguen poñerse en contacto, vía telefónica, con ningún responsable da empresa. Ademáis, denuncian que a día de hoxe aínda non recibiron copia do contrato de traballo.

Comisións obreiras insta ao Consorcio, como responsable subsidiario, a dar unha solución a esta situación que, din, está a ser insostible.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo