CC.OO esixe a Correos que cumpra a Lei e consolide entre 2.000 e 3.000 postos en 2015

O sindicato maioritario en Correos, CC.OO esixirá na mesa de negociación do Convenio Colectivo e Acordo Xeral convocada para hoxe, que Correos cumpra co mandato da Lei de Segunda Oportunidade aprobada polo Parlamento que establece unha taxa de reposición de até o 90% e que CCOO fixa para Correos entre 2000 e 3000 empregos para 2015.

Asemade, o sindicatoC porá sobre a mesa a proposta de incremento salarial de polo menos o 2.5% (1% para 2015 e 1,5% para 2016) como reflexo do Acordo para o Emprego e Negociación Colectiva (AENC) aplicado ao sector privado e unha taxa de reposición de emprego do 100% para 2016 e 2017, 3.000 empregos máis.

CC.OO instou á empresa a executar este proceso antes de final de ano e así reducir a alta taxa de eventualidade “e a sangría de emprego que tanto Goberno como empresa pública levan acometendo en Correos coa perda de 15.000 empregos estruturais desde 2008, 8.000 no que levamos de lexislatura, 90 postos na provincia, e que vén cubrindo só parcialmente con eventualidade e de forma claramente irregular senón ilegal e que está a provocar sobrecargas, acumulacións de envíos, atrasos na entrega e un claro incumprimento do servizo postal universal na provincia”, sinalan dende CC.OO.

Nesta liña, CCOO instou a SEPI e a Correos a dar unha saída negocial á irregular e, a xuízo do sindicato, ilegal situación do emprego da compañía, a romper coa austericida taxa de reposición cero e cumprir coa legalidade, coa convocatoria dun proceso de consolidación de emprego que suporía entre 2.000 e 3.000 postos de traballo.

CCOO advertiu que non vai consentir máis demoras no proceso de consolidación posto que se lles debe aos traballadores/as de Correos desde 2011 e ameazou cun outono quente que podería estenderse en pleno proceso electoral si o Ministerio de Facenda, propietario de Correos, SEPI e a propia dirección de Correos non rectifiquen ao tempo que advirte das consecuencias legais de diversa índole que podería levar a Directivos y responsables políticos á Audiencia Nacional para dar contas das irregularidades que en materia de emprego está a vivir Correos. CCOO, consecuentemente, pediu que a convocatoria de emprego sexa posta en marcha neste mes de setembro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com