CD Lugo-Real Zaragoza no Ángel Carro

Luis Milla prepara con mimo a posta en escena do seu equipo ante un dos partidos de maior esixencia que o CD Lugo afrontou ata o momento. O rival, un Real Zaragoza con moito potencial e que chega ao Anxo Carro ás seis da tarde necesitado de vitorias, feito que a xuízo do preparador aragonés, súmalle perigo e ambición.

Para Milla, a referencia do rival é o seu ataque, veloz e goleador, e principal posible fonte de problemas para a defensa albivermella. Con moito respecto, pero igualmente, con fame de vitoria, o cadro lucense saltará ao verde dun estadio que Milla espera ver animado e puxante.

“Imos esperar ata mañá. Temos dúbidas con algúns tocados, imos convocar a todos os dispoñibles para o partido. Queremos ver se recuperamos algunhas situacións. David de Coz e Caballé non van estar, iso seguro. O Real Zaragoza vai estar aí, iso seguro. O seu obxectivo é subir, non hai dúbida. A pesar dos últimos resultados, e a que vai vir nunha situación de presión complicada, é un rival duro”.

“Só pensamos en seguir a nosa liña na casa, mellorando algunhas situacións. Seguimos incidindo en ser intensos, en deixar a porta a cero e gozar o partido. É un encontro para gozar. Imos ir a por o partido, como sempre. É innegociable”

“O perigo do Real Zaragoza é o seu potencial arriba. Ten moito poderío, grandes dianteiros e velocidade por fóra. Conta con xente de calidade, que executa todo con gran rapidez. Cando tes ese nivel de xogadores, aínda que non esteas do todo fino, sempre podes sorprender e facer dano. Temos que estar moi atentos. Respectamos a todos os rivais, e máis a un deste tipo. Nós sabemos cal é a nosa liña, queremos que o equipo disfrute, estamos nun bo momento”, concluíu o adestrador.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com