Celebración da primeira Xunta de Goberno Local provisional

Hoxe tivo lugar a primeira Xunta de Goberno Local provisional, que ademais da constitución do propio órgano, aprobou a autorización para que o persoal de Conserxería realice servizos extraordinarios durante o festexo do Arde Lvcvs, ante a necesidade de ampliar os horarios de apertura ao público do centro social Uxío Novoneyra e a casa consistorial.

Dos asuntos tratados na Xunta de Goberno informou o voceiro municipal socialista, Miguel Fernández, que xunto a Carmen Basadre, estivo acompañado pola Acaldesa, Lara Méndez, e a concelleira Ana Prieto. Deste xeito, ademais dos servizos extraordinarios necesarios para o Arde Lvcvs, Fernández deu conta da aprobación das bases para o procedemento selectivo de 5 socorristas, que prestarán servizos de vixiancia e salvamento nas áreas recreativas con zonas de baño da cidade a partir de primeiros de xullo e durante dous meses.

Seguidamente á Xunta de Goberno ordinaria, que aprobou estes dous asuntos, tivo lugar unha de carácter extraordinario, na que segundo informou Miguel Fernández, se acordou delegar na Alcaldesa a xestión económica de gastos e ingresos, coa excepcións de subvencións e contratos a partir dunha determinada cuantía.

A Xunta de Goberno celebrarase os mércores, ás 9.30 horas, ata que non se constitúa o novo executivo municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com