Centos de persoas toman as rúas de San Cibrao pedindo á xustiza que recapacite no arquivo do caso dos vídeos gravados na Maruxaina

Centos de persoas tomaron onte as rúas da localidade de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo, para reclamar ao xuíz que “recapacite” no arquivo do caso dos vídeos gravados a 87 mulleres mentres ouriñaban nas festas da Maruxaina de 2019, e que terminaron colgados en páxinas web pornográficas. Esta foi a mensaxe central da manifestación convocada polo colectivo Xustiza  Maruxaina, conformado polas afectadas, e que partiu ás 12,00 do mediodía desde a Praza dos Campos, para transcorrer polo centro da localidade ata concluír na praia do Torno, onde precisamente teñen lugar estas festas.

Paloma  Maseda, unha das mulleres que puxo voz ás vítimas durante a protesta, agradece o apoio recibido por parte dos veciños da Mariña nunha mobilización que foi multitudinaria.

As vítimas aseguran que non había sanitarios suficientes na zona da festa para a multitude de xente que alí se atopaba e que as cámaras estaban postas de forma intencionada. Ademáis desta mobilización, a aasociación Bumei está a levar a cabo unha recollida de sinaturas para levar o caso ao parlamento de Galicia.

Dende o PsdeG na provincia de Lugo amosaron hoxe o seu “total apoio” ás mulleres que foron violentadas na súa intimidade en San
Cibrao. Así o dixo hoxe a Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero. “Dende as nosas siglas queremos apoiar as vítimas destas agresións e amosar o noso rexeitamento a estes actos intolerables”, afirmou.

“Os Socialistas da provincia de Lugo manifestamos a nosa enérxica repulsa a estes comportamentos repugnantes, que teñen como unica finalidade a denigración contra as mulleres. Por iso dende aquí, queremos que saiban que contan co noso total apoio. E confiamos en que finalmente estes comportamentos, que son obxecto da máis rotunda condena social, atopen tamén a resposta xudicial que merecen as vítimas”, dixo Patricia Otero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com