Chantada inaugura ‘Imaxes do Nadal’

A Casa da Cultura de Chantada acolle dende mañá e ata o 31 de xaneiro a mosta Imaxes do Nadal, organizada polo Centro Cultural impulsor do Belén de Begonte.

Na  exposición, que se inaugurará mañá ás 18.00 horas, participan nove fotógrafos afeccionados da capital lucense, con fotografías sobre o Nadal nos máis diversos aspectos e con moi varia visión.

Na inauguración estará o Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; o responsable de fotografía do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, e o Vicepresidente do Centro cultural begontino, Xulio Xiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo