Charla-coloquio sobre violencia machista no Espazo+60 de Monforte

Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou unha charla-coloquio sobre violencia machista no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos (Cardeal Rodrigo de Castro, 18). Será mañá, venres 2 de marzo, ás 12.00 h e nela participará a
subinspectora da comisaría da localidade, María Jesús Rodríguez Martínez.

Esta proposta organizouse no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, celebrado cada ano o 8 de marzo, co obxectivo de crear un grupo de homes e mulleres cohesionado e solidario para facer fronte a esta lacra social. Esta actividade enmárcase na oferta de actividades do proxecto de Envellecemento Activo de Afundación, que permite ás persoas participantes encontrar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente e de se seguir formando en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo