Chega ao Vello Cárcere a exposición Kinetiko, organizada pola compañía teatral Trécola

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou esta mañá a exposición Kinetiko, que estará no Vello Cárcere até o vindeiro 30 de xuño. A exposición, organizada pola compañía teatral Trécola, contén nove pezas únicas, deseñadas e construídas por Ero Vázquez e Manu Taboada.

En Kinetiko poden atoparse personaxes musicais, que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou efectos especiais utilizados tradicionalmente no teatro e no cine, entre outras pezas. Felipe Rivas afirmou que “é unha exposición para toda a familia, na que se poderán descubrir historias a través dos mecanismos de cada peza”.

A exposición Kinetiko pode visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere, no seu horario de apertura habitual, de domingo a mércores de 11 a 14 e de 17 a 20:30, e de xoves a sábado de 11 a 14 e de 17 a 22:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com