Chegan a unha praia de Castropol os surfistas perdidos en Ribadeo

Os servizos de emerxencias atopan nunha praia de Castropol (Asturias) os dous deportistas aos que se lles perdeu o rastro cando practicaban surf nas proximidades de Illa Pancha, en Ribadeo.

Así o confirmaron os xestores do 112 Asturias aos compañeiros do 112 Galicia despois de que se activase un operativo coordinado para a localización dos surfistas.

Os dous deportistas atopábanse practicando surf na zona de Illa Pancha, en Ribadeo, cando foron perdidos de vista. Un compañeiro dos desaparecidos foi quen, ao fío das doce deste medio día, informou ao 112 Galicia do suceso.

Ao tratarse dunha zona limítrofe coa Comunidade asturiana, informouse ao Servicio de Emergencias del Principado de Asturias (SEPA), que tamén forman parte do operativo de busca.

A actuación levouse a cabo tras informar ao persoal de Salvamento Marítimo, quen solicitou a colaboración do equipo de Gardacostas de Galicia a bordo do helicóptero Pesca II. Igualmente, por terra, acudiron dotacións da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil no lado galego, mentres que no asturiano tamén participaron os Bombeiros de Castropol. Precisamente, foi nesta localidade do Principado de Asturias onde, preto das 13:30 horas, apareceron en bo estado os sufistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com