Cidadáns celebra mañá en Lugo un acto público con Begoña Villacís e Marta Rivera

Cidadáns celebra mañá en Lugo un acto público con Begoña Villacís e Marta Rivera para facer balance dos dous anos da formación de Albert Rivera nos Concellos e explicar cales son as propostas en materia de transparencia e política municipal.    

Este acto público terá lugar ás 7 da tarde na Praza Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello), será aberto á participación da cidadanía de Lugo e contará coa presenza da portavoz de Ciudadanos en Madrid e secretaria de política municipal de Cidadáns, Begoña Villacís, a deputada lucense deste grupo no Congreso, Marta Rivera, e a voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao.

Olga Louzao explicou esta mañá que as prioridades de Cidadáns para os Concellos son a transparencia, a loita contra a corrupción e a rexeneración democrática e dixo que “esas foron precisamente as razóns que me levaron hai dous anos a dar un paso á fronte, sumarme a este proxecto e decidir presentarme ás eleccións municipais, buscando mellorar a miña cidade, Lugo”, polo que animou a todas aquelas persoas que compartan estes obxectivos a sumarse ao seu proxecto. A voceira denunciou tamén que o Concello non lles deixa facer este acto no Vello Cárcere, tras solicitalo.

Begoña Villacís, que visita por primeira vez a cidade, aproveitará tamén a súa presenza en Lugo , para manter un encontro pola tarde con autónomos e emprendedores, aos que lles exporá as propostas e iniciativas políticas de Cidadáns para autónomos e pemes. A reunión terá lugar na sede da Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia de Lugo no Pazo de Feiras e Congresos da cidade.

Pola mañá, a secretaria de Política Municipal de Cidadáns visitará o Concello de Lugo e dará unha rolda de prensa no edificio municipal de novas tecnoloxías, acompañada tamén por Marta Rivera e Olga Louzao, na que atenderá aos medios de comunicación e fará balance do traballo de Cidadáns nos Concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com