Cidadáns insiste en que perigan os fondos Urban para o vello cárcere

O grupo municipal de Cidadáns deu a coñecer hoxe “novos problemas engadidos na obra do Vello Cárcere e alerta do risco de que se perdan 4 millóns de euros de fondos europeos do Plan Urban se o edificio que albergará o novo centro cultural non está en funcionamento o vindeiro 31 de marzo”.

A voceira de Cidadáns no Concello, Olga Louzao, explica que “o Goberno municipal verase obrigado a rescindir o contrato dunha das empresas adxudicatarias das obras pendentes, en concreto Terrauga Proyectos y Obras SL, á que se lle encargou o pasado 24 de agosto dentro das obras pendentes da fase 2 está a colocación dunha plataforma hidráulica, a colocación das varandas de seguridade e remates na cornixa”.

Olga Louzao advertiu de que “a Unión Europea fixa como prazo límite para que o edificio do vello cárcere estea operativo o vindeiro 31 de marzo e aínda faltan por executar obras pendentes tanto da primeira como da segunda fase do proxecto”, indicou.

A voceira de Cidadáns pide ao Goberno municipal “axilidade e máxima dilixencia nos traballos pendentes para non perder a subvención europea”, de 4 millóns de euros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo