" />

Cidadáns insta ao Goberno a actuar de forma urxente no solar situado na confluencia da rúa Bolaño Rivadeneira e Rúa Nova

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a actuar de forma subsidiaria na ruína que se atopa na confluencia da rúa Montevideo con rúa Nova e a rúa Bolaño Rivadeineira. «Este inmoble conserva parte da estrutura dunha antiga casa que presenta unha perigosa falta de seguridade pola presenza de maleza e pola falta de mantemento no muro de pedra apontoado. Instamos ao Goberno local a que actúe de inmediato» asegurou a concelleira da formación laranxa.

Louzao lamentou que “existen moitos casos similares a este salpicados polo tecido urbano da nosa ciudade. Reiteramos unha ocasión máis a necesidade de que o Goberno local actúe en tempo e forma nestes casos para poder executar axiña unha consolidación da estrutura e unha limpeza de xeito subsidiario» asegurou a concelleira da formación laranxa.

«Ao perigo por lume súmase a falta de ornato e un evidente problema de salubridade. Por se fora pouco os traballos de consolidación da estrutura son vellos e non contan co mantemento necesario o que supón un risco para a seguridade dos peóns. Instamos ao Goberno local a que proceda a iniciar os trámites necesarios para executar de xeito subsidiario a consolidación dá estrutura e a limpeza deste solar. Os lugueses non podemos esperar máis tempo. Esta situación ven de lonxe. Existe un risco evidente», concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo