Cidadáns pide que se rematen as obras do Vello Cárcere antes de abril

O grupo municipal de Cidadáns alerta do risco de que se poidan  perder 4 millóns de euros de fondos europeos do Plan Urban se o edificio do vello cárcere non está en funcionamento o vindeiro 31 de marzo. 

Olga Louzao advertiu de que “a Unión Europea fixa como prazo límite para que o edificio do vello cárcere estea operativo o vindeiro 31 de marzo e os tempos bótanse enriba porque aínda faltan por executar obras pendentes tanto da primeira como da segunda fase do proxecto”, indicou. Dentro da fase 1 faltan por colocar as ventás do tambor das celdas de reclusos masculinos, o conxunto das varandas das celas de mulleres e unha serie de portas interiores. Estas obras teñen un orzamento de 60.000 euros e aínda non foron contratadas. Dentro da fase 2 está tamén pendente a colocación dunha plataforma hidráulica, a colocación das varandas de seguridade tanto na terraza como nas zonas interiores da cafetería, así como unha serie de remates na cornixa. O contrato para a realización destes traballos, por importe de 84.618 euros, foi asinado o 7 de outubro e o prazo de execución remata en decembro, pero as obras aínda non comezaron.

A remodelación comezou en febreiro do ano 2012 e “desde entón foi un proceso con moitos contratempos, como a entrada en concurso de acredores da empresa adxudicataria, pero tamén “con moitos paróns e retrasos inxustificados”.

A voceira de Cidadáns no Concello afirma que “o Urban e todo o proceso de como se levou a cabo a súa execución, que foi caótica, ten que servir de escarmento e reflexión para os novos proxectos europeos que se van iniciar, como o Muramiñae ou o Lugo Smart”, considera Olga Louzao.  

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com