Cidadáns propón bus de balde en datas sinaladas e apoio ao comercio local

O grupo municipal de Cidadáns presentou hoxe durante o desenvolvemento da xuntanza da Mesa de traballo de transporte urbano as súas propostas para “mellorar este servizo clave para a cidade”. A voceira municipal, Olga Louzao, presentou un paquete de medidas centradas en tres aspectos fundamentais: “mellorar a accesibilidade ao transporte urbano, adaptar os percorridos e rutas ás necesidades da sociedade luguesa e, por último, contar cun servizo económico para a cidadanía”.

«Cremos que é necesario que o servizo sexa económicamente accesible para os veciños e veciñas de Lugo, por iso propoñemos contar cunha tarifa plana. É necesario simplificar o sistema de pago e ofertar facilidades para incentivar o seu uso», sinalou Louzao. Asimesmo, como mecanismo de promoción do transporte público, e como iniciativa para fomentar o uso, Cidadáns propón que “o servizo sexa de balde en datas sinaladas, como as festas de Nadal”. «É unha forma de  apostar polo comercio local e ofertar alternativas aos problemas de aparcamento que existe na cidade», considerou.

En materia de accesibilidade Cs propón mellorar as marquesinas para  que sexan accesibles e que favorezan unha espera confortable. Deste xeito, considera necesario estudar a posibilidade promover a seguridade con melloras en iluminación. «Consideramos tamén que é necesario crear aparcadoiros para bicicletas en espazos próximos as parados do bus para promover unha verdadeira intermodalidade urbana», apuntou a voceira.

Respecto aos itinerarios, Louzao mostrouse partidaria de achegar os percorridos aos centros escolares e situar, na medida do posible, as paradas nas inmediacións dos centros de ensino. Do mesmo xeito,  o grupo municipal de Cs considera necesario replantexar de maneira xeral a accesibilidade dos buses na contorna rural do noso concello, donde presenta innumerables deficiencias.

O resultado desta mesa de traballo foi «satisfactorio», segundo valorou Louzao tras a conclusión da mesma. As medidas mecionadas tiveron unha gran acollida.  De feito, Rubén Arroxo, como resposable do área de Mobilidade, comprometeuse a estudar as iniciativas da formación laranxa. «Cremos que esta forma de traballar coa participación de todos os grupos e coa aportación de diferentes propostas permitirá obter mellores resultados en beneficio dos nosos veciños e veciñas», afirmou Louzao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo