Cidadáns reclama ao Goberno que instale contedores para reciclar aceite

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a instalar contedores aptos para a reciclaxe do aceite de uso doméstico en varios puntos da cidade sen máis demora. «É necesario que o Goberno local actúe con premura. Unha cidade coas características de Lugo, a súa conexión co medio natural e a súa relación cos acuíferos da súa contorna, non se pode permitir non reciclar os aceites usados, xa que supón un risco real para o equilibrio do noso ecosistema», sinalou a concelleira da formación laranxa.

Louzao criticou a pasividade do Goberno local neste sentido. «É evidente que existe unha falta de vontade política con este asunto. Consideramos intolerable o escaso compromiso do executivo do Lara Méndez coa reciclaxe e a conservación do noso medio natural. É inconcibible que no ano 2020 o noso municipio careza dun sistema de reciclaxe de aceites usados efectivo, xa que os puntos actuais para levar a cabo este reciclaxe son anecdóticos», sinalou a portavoz.

Desde Cs apostan por un sistema integral que garanta a súa efectividade, “o sistema de reciclaxe de aceite, cando chegue, non pode limitarse á instalación de catro puntos de forma testimonial”. E poñen de exemplo a Vitoria, “a capital de Álava conta desde o pasado ano con 121 puntos de recollida de aceite sen custo para o Concello e ademais inclúe a recollida do aceite en edificios públicos como centros cívicos e equipamentos educativos”; Para Cs, o “aceite de cociña usado é un dos contaminantes máis agresivos co medio ambiente. Un litro de aceite contamina máis de 1.000 litros de auga segundo os estudos técnicos”, recordou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Antonio Fernandez
    Xuñ 05, 2020 - 05:12 PM

    Hacen falta contenedores mejores los hay sin una mierda todos rotos,faltan contenedores para reciclar papel cristal y plásticos en la mayor parte de la ciudad.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com