Ciudadanos celebra que se acepten as súas propostas e Lara Méndez contesta ao PP

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, celebrou esta mañá o cambio de criterio do Goberno local ante o anuncio de exonerar o pago de terrazas .«É absolutamente necesario tomar medidas para mitigar o efecto económico que o Covid-19 terá sobre a nosa economía local. O luns da semana pasada propuxemos un paquete de medidas fiscais que ten por obxectivo aliviar a economía das pequenas e medianas empresas do noso municipio e contribuír a freara escalada exponencial do desemprego. Celebramos que agora, ante a prolongación do confinamento, o Concello teña en conta as nosa iniciativa», sinalou a portavoz da formación laranxa en relación ao pago das terrazas.

Poren, Louzao asegurou que os pasos dados polo Goberno local son «de xeito evidente insuficientes» e “é necesario articular todos os mecanismos ao alcance desta administración local para mitigar os efectos desta crise sen precedentes». Deste xeito Cs Lugo aposta por modificar a Ordenanza 204 para introducir bonificacións do máximo legal no Imposto sobre actividades económicas (IAE) durante 2020. Tamén considera necesario introducir modificacións para que os vehículos de uso profesional sexan bonificados. Tamén pediu modificar outras ordenanzas e sinalou: a 108 que regula a recollida de residuos sólidos urbanos para que “os negocios que non sexan considerados de primeira necesidade e que se viron afectados polo cese de actividade estean exentos de pagar este tributo na porcentaxe correspondente a duración da crise” e tamén a Ordenanza 109 que regula a subministración da auga. «Débense introducir bonificacións na 109 para compensaras perdas polo cese de actividade durante o tempo que dure a crise»

Resposta de Lara Méndez ás medidas propostas polo PP

Nesta puxa por aportar solucións, por parte dos grupos políticos co representación no Pleno, para aportar liquidez a persoas e empresas, o PP tamén enviou unha serie de propostas ao Goberno de Lugo e este é parte da resposta da alcaldesa:

Antes de nada, agradecerche a disposición do teu grupo político a contribuír a que entre todos e todas poidamos saír desta crise porque creo, firmemente, que nesta situación todos debemos ser un equipo e deixar a un lado o partidismo, e que a protección da nosa veciñanza debe ser o primeiro fin que nos mova. Na carta que me fixeches chegar hoxe, martes, día 24, proposme unhas actuacións que xa anunciamos e que podes atopar fácilmente na web do Concello. Da maioría delas, eu mesma deivos conta nas dúas xuntanzas de portavoces que convoquei para informar das medidas excepcionais que estabamos a adoptar polo coronavirus, a primeira, o domingo, 15, xusto despois de que o BOE publicase o decreto sobre o estado de alerta(sic), e a segunda, o venres, día 20”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com