Ciudadanos esixe ao Concello e Xunta unha solución urxente para os escolares que quedaron sen servizo de comedor

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, esixiu esta mañá unha solución urxente tanto ao Goberno local como á Xunta para os máis de 350 alumnos que malia solicitar o servizo de comedor quedáronse sen el. Louzao considera que a xestión levada a cabo polo BNG neste asunto é “lamentable” e advirte que a “inxustificable” decisión tomada polo Goberno bipartito de suprimir o servizo de comedor para usuarios esporádicos é un erro de consecuencias fatais para máis de 300 familias lucenses que da noite para a mañá se atopan cun problema maiúsculo para conciliar a súa vida laboral e persoal.

Ademais a portavoz da formación laranxa asegurou que “a falta de compromiso da Xunta con este asunto faille cómplice e corresponsable deste desastre”. “Non poden mirar para outro lado xa que a Xunta ten competencias directas para actuar. De novo as sucias guerras políticas entre PP, PSOE e BNG cóbranse como vítimas ás familias de Lugo”, asegurou.”Esiximos ao Goberno local que recupere o servizo de comedor para usuarios esporádicos no próximo mes de outubro antes da nova baremación. Estamos ao lado das familias e imos dar guerra con este asunto”, dixo. “Suprimir este servizo no que un alumno ou alumna pode facer uso do comedor só algúns días de semana, en función de que os seus familiares poidan ocuparse ou non do xantar, supón un retroceso en materia de conciliación familiar inaceptable baixo o noso punto de vista. A frívola decisión do Goberno local xera un problema tremendo a máis de 300 familias lucenses que non tragan coa escusa do BNG de que ao presenza dos seus fillos no comedor de forma esporádica xere un problema de seguridade e seguimento ante un posible contaxio por Covid”, proseguiu Louzao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com