Ciudadanos insta ao Goberno local a ampliar o espazo e os horarios das Bibliotecas Municipais

O concelleiro de Cs, Juan Vidal, denunciou esta mañá a falta de espazo nas salas de estudo da cidade como consecuencia das medidas de seguridade aplicadas contra o Covid-19 nas instalacións públicas que conta con este tipo de equipamientos. “Ao longo deste mes estamos recibindo continuas queixas pola falta de espazo para estudo. Tanto estudantes universitarios como opositores confésannos que é literalmente imposible atopar un sitio onde desenvolver a súa ocupación debido á confluencia dunha serie de factores: a posta en marcha das medidas de seguridade contra o Covid colapsou a Biblioteca Provincial pola redución de postos de estudo. A este problema súmase as restricciones da biblioteca Intercentros pare o público non universitario. Todo iso ten como consecuencia que estudantes doutras modalidades e todos os opositores da cidade atópense con dificultades para levar a cabo as súas sesións de estudo en instalacións públicas” sinalou o concelleiro da formación laranxa.

“Por todo iso pedimos ao Goberno local que sexa sensible con este problema, que non é menor, e realice un esforzo para ampliar horarios da biblioteca municipal Isidro Novo e poñer a disposición dos usuarios todas as salas que se poidan habilitar para este fin e que actualmente están infrautilizadas noutras instalacións municipais. Deste xeito instamos ao Goberno local a reabrir espazos clausurados como é o caso da biblioteca do centro sociocultural de Fingoi, actualmente en perfecto estado pero pechada sen motivo algún, ou a poñer en funcionamento as salas dispoñibles no Vello Cárcere. Ademais dos centro socioculturales e a biblioteca municipal é necesario habilitar espazo de estudo nas instalacións da Casa das Linguas nos horarios que as aulas non estean ocupadas”, sinalou Vidal.

Convenio coa USC e ampliar horarios na biblioteca provincial

Así mesmo, Vidal apostou por intentar chegar a un acordo coa USC para que os veciños e veciñas de Lugo poidan utilizar neste periodo as instalacións da USC a cambio de que o Concello proporcione os medios necesarios para que isto sexa posible, ben a través de financiamento ou da contratación do persoal necesario para efectuar os controis de acceso,  seguridade y supervisión de sala. Para rematar instou á Xunta de Galicia a non poñerse de perfil ante este problema e a ampliar o horario da biblioteca provincial. «Non comprendemos como agora pecha na franxa horaria de 14 a 16 horas cando noutros momentos funcionou neste horario. Deben ampliar o horario pola mañá e pola tarde para evitar as colas e proporcionar o maior servizo posible», concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com