" />

Ciudadanos insta ao Goberno local máis axuda para o colectivo de maiores

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a extremar a atención e reforzar a axuda asistencial sobre o colectivo de persoas maiores da cidade ante a prolongación do estado de alarma .«Sen dúbida trátase dun dos colectivos máis golpeados por esta crise. As persoas maiores non só están máis expostas a sufrir complicacións ao contraer o Covid-19, senón que presentan maiores dificultades para levar a cabo tarefas cotiás como as tarefas do fogar e o aseo persoal por presentar mobilidade reducida nun número significativo de casos. Ademais están máis expostas a sufrir un deterioro cognitivo ao estar sometidos a unha situación de illamento prolongada no tempo», sinalou a portavoz da formación laranxa.

Louzao considera que é urxente reforzar a actividade nas áreas municipais vencelladas con esta problemáticas. «Consideramos que desde Servizos Sociais débese apuntalar a atención sobre o colectivo de persoas maiores do noso municipio. Existe certa preocupación entre as asociacións que traballan con este colectivo debido ao gran número de complicacións que están xurdindo segundo avanza o confinamento. Cremos que é necesario coordinarse cos axentes sociais que traballan día a día con este grupo de persoas para mellorar a súa atención. É necesario facilitar información para acceder a maiores en situación vulnerable e crear sinerxias para velar pola calidade asistencial dos nosos maiores», proseguiu a edila de Cs.

«A radiografía social da nosa cidade revela que existen máis de 5.000 persoas de máis de 65 anos que viven soas en Lugo. Isto supón o 20% do colectivo e o 5% do censo total do municipio. Sen dúbida a nosa cidade presenta unhas particularidades moi definidas respecto de outros municipios e por iso esiximos que desde o Goberno Local poñan o foco neste colectivo. Apoiamos as medidas postas en marcha ata a data como a compra a domicilio a través do 010 pero cremos que son insuficientes. Débese reforzar o persoal técnico para poder levar a cabo un labor de detección de problemas máis rápido e máis eficaz. Senón a situación xeral empeorará co paso das semanas», concluíu a edila de CS.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 08, 2020 - 11:10 PM

    Anda oh, xa o saben. Sigue tranquiliña na túa casa da aldea.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo