Cs Lugo pide a comparecencia de Paula Alvarellos pola xestión da área de persoal

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo solicitou a comparecencia en pleno da responsable da área de persoal, Paula Alvarellos. “Ante os problemas acumulados polo área de persoal durante este mandato e culminados coa sentenza do Xulgado Contencioso administrativo Número 1 de Lugo polo que se declara nulo o cese da Xefa do Área de Persoal e polo que se ordena a súa reincorporación nunha sentenza demoledora, pedimos ao Goberno que renda contas ante toda a corporación”, dixo a concelleira da formación laranxa.

“A sentenza que se acaba de coñecer pon en dúbida a rigurosidade coa que se está xestionando a área de persoal cesando a unha traballadora municipal sen acredita de modo algún este cese. E iso, cando previamente convocouse unha rolda de prensa para anuncialo. Desde Cs non compartimos nese momento as formas de tratar unha traballadora municipal sexan cales foran os motivos que poidan motivar o seu cese, que ademais se demostrou que eran meras suposicións, como recolle o fallo xudicial”, apuntou Louzao.

“Este fallo é moi duro e constata a falta de obxectividade e de rigor xurídico para motivar ese cese personificado ademais na o propia concelleira responsable Paula Alvarellos á que se lle censura a súa falta de probas, de rigor e de imparcialidade. Ao longo dos últimos meses estanse xerado dúbidas sobre a xestión de persoal, non só por este asunto senón polos continuos reparos de legalidade cos que se están pagando todos os meses as nóminas dos traballadores municipais”, proseguiu.

“A xestión de persoal continua a ser un dos problemas enquistados neste Concello que con Lara Méndez como alcaldesa empeorou. Presumen de “tempos novos” cando o único que está facendo a responsable desta área, Paula Alvarallos, é, a duras penas, o seu traballo. Aprobar unha RPT pendente desde fai anos ou sacar as ofertas de emprego público non é un logro senón unha obrigación”, concluíu ao portavoz de Cs.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com